Renilla reniformis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Renilla reniformis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Renilla reniformis (Pallas, 1766) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Renilla reniformis é unha especie de cnidario da clase dos antozoos, subclase dos octocoraliarios e orde dos pennatuláceos, que é o tipo da familia dos renílidos,[1] e do seu único xénero, Renilla.[2]
Encóntrase nas augas continentais do Novo Mundo.
A especie foi descrita en 1766 polo médico, zoólogo e botánico alemán Peter Simon Pallas, baixo o nome de Pennatula reniformis, na páxina 374 da súa obra Elenchus zoophytorum sistens generum adumbrationes generaliores et specierum cognitarum succintas descriptiones, cum selectis auctorum synonymis.[1]
Ademais de polo nome válido na actualidade (2020), e especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
Renilla reniformis é un octocoraliario colonial, que produce estruturas en forma de cogomelo, cun sombreiro en forma de corazón, que varía na súa cor de rosa a púrpura, no que se agrupan pólipos de diferentes formas e funcións. Un só pólipo xigante, de até 5 cm de longo, forma o pedúnculo ou raque de ancoraxe ao substrato. A superficie superior do sombreiro está inzada de pequenos pólipos con tentáculos, que teñen a función de capturar as partículas orgánicas suspendidas na auga, xunto aos cales hai outros pólipos sen tentáculos, cuxa función é exclusivamente a de bombear auga cara a dentro do sombreiro; unha terceira clase de pólipos sen tentáculos forma unha auténtica válvula de saída de auga, para o baleirado rápido da colonia, co fin de reducir o seu tamaño en caso de emerxencia durante a baixamar.[3][4]
A especie está moi estendida nas augas continentais da beira occidental do océano Atlántico, desde Carolina do Norte até o Caribe, chegando polo sur até o Brasil.[3]
A miúdo atópase varado ou completamente cuberto de area na zona intermareal; pódese encontrar até os 72 m de profundidade, sempre en substratos areosos.
Renilla reniformis é un organismo filtrante. Produce unha substancia mucosa adhesiva para atrapar as partículas orgánicas presentes na auga.[4]
Esta especie é coñecida pola súa capacidade, cando é perturbada, de emitir bioluminescencia; isto débese á acción de polo nos dous compostos químicos: un substrato orgánico, a proteína fluorescente verde e un enzima catalizador, unha luciferase chamada renilla-luciferina 2-monooxixenase. A proteína, en presenza de ATP, calcio e luciferase, cede electróns, que liberan enerxía en forma de luz.[5][6][7]
Un dos seus principais depredadores é o molusco gasterópodo opistobranquio da suborde dos nudibranquios Armina tigrina.[8]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Renilla reniformis |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Renilla reniformis |