Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1935 (89/90 anos) Xohanesburgo, Suráfrica |
Educación | Michaelhouse (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Premios | |
| |
Sitio web | rennieairth.net |
Rennie Airth, nado en Xohanesburgo en 1935, é un novelista surafricano residentes en Italia.[1] Airth tamén traballou como correspondente estranxeiro para o servizo de novas de Reuters.[1]
Entre as súas obras salientan Snatch! (1969), Once A Spy (1981), e unha serie de misterios de asasinato ambientados en Inglaterra entre 1921 e 1949 co detective inspector John Madden de Scotland Yard (máis tarde retirado). A primeira delas, River of Darkness (1999), gañou o Grand Prix de Littérature Policière á mellor novela policial internacional en 2000 e foi nomeada aos premios Edgar, Anthony e Macavity nos Estados Unidos.[2] Airth atopou inspiración para esa historia nun álbum de recortes sobre o seu tío, un soldado morto na primeira guerra mundial.[3] A súa secuela, The Blood-Dimmed Tide, publicouse en 2003, e o terceiro libro, The Dead of Winter, en 2009.[4] Aínda que Airth inicialmente pretendía escribir unha triloxía sobre Madden,[5] en 2014 produciu unha cuarta entrada da serie, The Reckoning, e seguiu con The Death of Kings (2017).