Un reporteiro é un xornalista cuxa principal actividade consiste en colleitar e presentar informacións sobre un determinado evento ou acontecemento de certa actualidade, o que frecuentemente debe facer desde o lugar mesmo onde se producen ou se produciron os feitos significantes.[1]
Entre os que se dedican a esta actividade, é posible distinguir os seguintes casos:
O reporteiro é un xornalista de campo, que recolle e verifica informacións sobre o terreo mesmo dos acontecementos, e segundo os casos, ou ben el mesmo traballa o material obtido para darlle formato de difusión, ou ben transmite ese material aos seus colegas, ás veces chamados «xornalistas de escritorio»[4], que serán quen se encarguen dos detalles finais, xerando reportaxe cinematográfica, e/ou vídeo, e/ou artigo escrito, e/ou rexistro de son, ou o que sexa.
Unha reportaxe é, na orixe, un documento ou esbozo sobre un determinado tópico, xeralmente, con fotografías ou tomas de vídeo obtidas sobre o terreo. Segundo sexa o medio de comunicación que se utilice, tamén son de uso as entrevistas radiofónicas ou televisadas.
A reportaxe non sempre ten por obxectivo expor unha situación global, pois en moitos casos limítase a ilustrar un evento ou aspecto puntual, respectando a unidade de tempo, espazo, e problemática.
Durante unha reportaxe, o reporteiro describe os feitos, insere as observacións e comentarios das testemuñas, informa as fontes, e expón a problemática ou asunto. Unha das cousas máis importantes nunha reportaxe, é a claridade, a axilidade, o sinal transmitido polo xornalista, e o ambiente e entusiasmo que logra recrear. As descricións e as sensacións subxectivas do reporteiro ou dos seus entrevistados, poden chegar a complementar moi ben a análise crúa dos feitos.