A reserva india de Pine Ridge (en lakota: Wazí Aháŋhaŋ Oyáŋke) é unha reserva do pobo lakota localizada en Dacota do Sur, nos Estados Unidos de América. Orixinalmente incluída dentro do territorio da Gran reserva síux, Pine Ridge estabeleceuse en 1889 no recuncho suroeste de Dacota do Sur na fronteira con Nebrasca. A súa área é de 8.984,306 km2, o que supón unha das meirandes reservas dos Estados Unidos.[1]
Paula L. Wagoner, (2002) They Treated Us Just Like Indians: The Worlds of Bennett County, South Dakota, Universidade de Nebrasca
Stew Magnuson (2009), The Death of Raymond Yellow Thunder: And Other True Stories from the Nebraska–Pine Ridge Border Towns, Universidade de Texas, ISBN 978-0-89672-634-5.