Reuven Ramaty High Energy Solar Spectroscopic Imager (HESSI) | |
---|---|
HESSI | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 5 de febreiro de 2002, 20:58 UTC[1][2][3] |
Foguete portador | Pegasus XL[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][5] |
Obxectivo da misión | Observación solar en raios X e raios gamma.[2][5] |
NSSDC ID | 2002-004A |
Masa | 230 kg[2][4][5] |
Dimensións | 2,2 m x 1,1 m[2] |
Potencia | 414 vatios[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6928,5 km[1] |
Inclinación | 38 graos[1] |
Apoapse | 568,0 km[1] |
Periapse | 546,9 km[1] |
HESSI, acrónimo de High Energy Solar Spectroscopic Imager, tamén coñecido como Explorer 81, e rebautizado tralo lanzamento como Reuven Ramaty High Energy Solar Spectroscopic Imager (RHESSI) en honor do astrónomo Reuven Ramaty, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 5 de febreiro de 2002 mediante un foguete Pegasus desde Cabo Cañaveral.[2][4]
A misión de RHESSI é facer observacións en alta resolución do Sol en raios X e raios gamma, no rango entre 3 keV e 20 MeV, cunha resolución enerxética de 1 keV e unha resolución espacial de 1 segundo de arco. Mide 2,2 metros de alto por 1,1 metros de ancho e ten unha memoria de 4 Gbytes. A velocidade de transmisión de datos é de 3,5 Mbit/s.[2][4]