Unha Rexión Autónoma está dotada de Estatuto Político-Administrativo e de órganos de goberno propio. Son órganos do goberno propio de cada rexión a Asemblea Lexislativa e o Goberno Rexional. A Asemblea Lexislativa é elixida por sufraxio universal directo e secreto, polo método da representación proporcional, co número de mandatos de cada concorrente determinado polo método de Hondt.
As Rexións Autónomas portuguesas están constituídas polos arquipélagos dos Azores e da Madeira.
A soberanía da República está representada nas Rexións Autónomas por un Representante da República, cuxo nomeamento e exoneración compete en exclusiva ao Presidente da República. Este cargo foi creado pola sexta revisión da Constitución da República Portuguesa de 1976, a cal extinguiu o cargo de Ministro da República, substituíndoo por esta nova figura.
O Presidente do Goberno Rexional é nomeado polo Representante da República, de acordo cos resultados electorais para a Asemblea Lexislativa. O cargo de Presidente de Goberno Rexional de Madeira é hoxe asumido polo social demócrata Alberto João Jardim, mentres que nos Azores o cargo compete ao socialista Carlos César.
Lista das Rexións Autónomas Portuguesas: