As Rexións Naturais de Colombia son divisións territoriais realizadas a partir de características similares en canto a relevo, clima, vexetación, e clases de solo. Debido á gran diversidade de climas e relevos, en Colombia estas diferenzas rexionais defínense por unha serie de factores moi claros tales como as características do relevo (xa sexa montañoso ou chaeiro), a distancia ao mar, a pluviometría e as condicións do solo.[2]
De acordo a estas condicións diferéncianse en Colombia seis rexións xeográficas denominadas Amazónica, Andina, Caribe, Insular, Pacífica e Orinoquía.