Rhynchopus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Rhynchopus amitus Skuja 1948 | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Rhynchopus é un xénero de protistas escavados flaxelados da clase Diplonemea. Normalmente teñen flaxelos de diferentes lonxitudes e unha soa abertura subapical coas aberturas do peto flaxelar e o aparato alimenticio adxacente que se funden nunha soa estrutura. Cando escasea o alimento, prodúcense células flaxeladas móbiles, o que suxire a presenza dunha fase dispersiva completamente flaxelada no seu ciclo vital, o que serve para distinguir os xéneros Rhynchopus e Diplonema. A maioría das especies son de vida libre, outras son simbiontes e R. coscinodiscivorus é un parasito intracelular de diatomeas.
A especie tipo é R. amitus, que foi descrita no plancto do mar Báltico. Ten un corpo piriforme alongado, xeralmente máis cóncavo por un dos lados. Un disco separa o peto de inxestión do aparato flaxelar e un peto de dous flaxelos conforme emerxen da célula. Atopouse alimentándose do citoplasma de diatomeas planctónicas e en branquias de cangrexos e lagostas. Ademais dos estadios da fase móbil flaxelada, produce tamén un quiste.
R. euleeides é un flaxelado mariño de vida libre. No estadio trófico as células son predominantemente elípticas e aplanadas lateralmente, pero a miúdo cambian de forma. O escorregamento é a forma máis habitual de locomoción. Os dous flaxelos, que están normalmente agochados no peto subapical, son curtos e de lonxitude desigual e teñen axonemas convencionais, pero parecen carecer de barras paraxonemais. As células nadadoras, que só se ven ocasionalmente, son máis pequenas e teñen dous flaxelos conspicuos, dunha lonxitude máis do dobre que a do corpo.[1][2]