Rhynia é un xénero de plantas vasculares extintas do Devónico, que consta dunha soa especie, Rhynia gwynne-vaughanii. O exemplar co que se describiu esta especie era o esporófito[2] dunha planta terrestre vascular, axial, embriófitadiplohaplonte produtora de esporas do Devónico temperán que tiña características anatómicas máis avanzadas que as briófitas. Rhynia gwynne-vaughanii pertencía a un grupo irmán de todas as outras traqueófitas, que inclúen as plantas vasculares modernas.
Rhynia pénsase que tiña ramas laterais caducas que utilizaba para dispersarse lateralmente sobre o substrato[5][6] e as poboacións da planta podían ser, por tanto, clónicas.
Evidencias da xeración gametofítica de Rhynia foron descritas como penachos densos de diminutos talos de só uns poucos milímetros de altura, aos que se lles dera o nome xenérico de Remyophyton delicatum.[7] Como os de Aglaophyton major,[8][9]Horneophyton lignieri[10] e Nothia aphylla,[11] os gametófitos de Rhynia eran dioicos, porque tiñan á vez gametanxios masculinos e femininos (anteridios e arquegonios) en diferentes eixes. Un descubrimento salientable é que os eixes dos gametófitos eran vasculares, a diferenza de case todos os gametófitos das pteridófitas modernas excepto o de Psilotum.[12]
Inicialmente, R. Kidston and W. H. Lang describiron dúas especies de Rhynia do xacemento do chert de Rhynie: R. gwynne-vaughnii en 1917,[3] e R. major en 1920.[13]R. gwynne-vaughanii foi nomeada por estes dous autores en honra do seu anterior amigo e colega o botánico David Thomas Gwynne-Vaughan.[3] O nome do xénero procede do topónimo do xacemento fósil, Rhynie.
Porén, un estudo do tecido vascular de ambas feito por David S. Edwards en 1986 levou á conclusión de que as paredes celulares das células condutoras de auga de R. major carecían das barras de engrosamento secundario observadas no xilema de R. gwynne-vaughanii, e eran máis ben como hidroides condutores de auga como os dos sporófitos dos musgos. A súa conclusión foi que R. gwynne-vaughanii pertence ás plantas vasculares, mentres que R. major pertence ás briófitas. En consecuencia, transferiuna a un novo xénero co nome Aglaophyton, deixando R. gwynne-vaughnii como a única especie coñecida de Rhynia.[14]Rhynia é o xénero tipo das riniófitas, establecidas como subdivisión de Rhyniophytina por Banks,[15] pero desde entón tratada como varias posibles categorías taxonómicas.
↑Edwards, D.S. (1980). "Evidence for the sporophytic status of the Lower Devonian plant Rhynia gwynne-vaughanii Kidston and Lang". Review of Palaeobotany and Palynology29: 177–188. doi:10.1016/0034-6667(80)90057-3.
↑Edwards, D.S. (1986). "Aglaophyton major, a non-vascular land-plant from the Devonian Rhynie chert". Botanical Journal of the Linnean Society93 (2): 173–204. doi:10.1111/j.1095-8339.1986.tb01020.x.
↑Bateman, R.M.; Crane, P.R.; Dimichele, W.A.; Kenrick, P.R.; Rowe, N.P.; Speck, T.; Stein, W.E. (1998). "Early Evolution of Land Plants: Phylogeny, Physiology, and Ecology of the Primary Terrestrial Radiation". Annual Review of Ecology and Systematics29 (1): 263–292. doi:10.1146/annurev.ecolsys.29.1.263.
↑Edwards, D.S. (1980). "Evidence for the sporophyte status of the Lower Devonian plant Rhynia gwynne-vaughnii Kidston and Lang". Review of Palaeobotany and Palynology29: 177–188. doi:10.1016/0034-6667(80)90057-3.
↑H. Kerp, N.H. Trewin and H. Hass (2004) New gametophytes from the Early Devonian Rhynie chert. Transactions of the Royal Society of Edinburgh, Earth Sciences, 94, 411–428
↑Remy, W.; Hass, H. (1996). "New information on gametophytes and sporophytes of Aglaophyton major and inferences about possible environmental adaptations". Review of Palaeobotany and Palynology90 (3–4): 175–193. doi:10.1016/0034-6667(95)00082-8.
↑Remy, W.; Remy, R (1980). "Lyonophyton rhyniensis n. gen. et nov. spec., ein Gametophyt aus dem Chert von Rhynie (Unterdevon,Schottland)". Argumenta Palaeobotanica6: 37–72.
↑Remy, W.; Hass, H. (1991a). "Langiophyton mackiei nov. gen., nov. spec., ein Gametophyt mit Archegoniophoren aus dem Chert von Rhynie (Unterdevon Schottland)". Argumenta Palaeobotanica8: 69–117.
↑Remy, W.; Hass, H. (1991b). "Kidstonophyton discoides nov. gen. nov. spec., ein Gametophyt aus dem Chert von Rhynie (Unterdevon, Schottland". Argumenta Palaeobotanica8: 29–45.
↑Holloway, J.E. (1939). "The gametophyte, embryo and young rhizome of Psilotum triquetrum Schwarz". Annals of Botany3 (2): 313–336. doi:10.1093/oxfordjournals.aob.a085063.
↑Edwards, David S. (1986). "Aglaophyton major, a non-vascular land-plant from the Devonian Rhynie Chert". Botanical Journal of the Linnean Society93 (2): 173–204. doi:10.1111/j.1095-8339.1986.tb01020.x.
↑Banks, H.P. (1975). "Reclassification of Psilophyta". Taxon24 (4): 401–413. JSTOR1219491. doi:10.2307/1219491., cited in Banks, H.P. (1980). "The role of Psilophyton in the evolution of vascular plants". Review of Palaeobotany and Palynology29: 165–176. doi:10.1016/0034-6667(80)90056-1.
↑Crane, P.R.; Herendeen, P.; Friis, E.M. (2004). "Fossils and plant phylogeny". American Journal of Botany91 (10): 1683–99. PMID21652317. doi:10.3732/ajb.91.10.1683.