Rial Racing

Rial
Nome completo Rial Racing
Bandeira Alemaña
Baseada en Fußgönheim, Renania-Palatinado, Alemaña
Tempadas en activo 2 (1988-1989)
Número de pilotos Italia Andrea de Cesaris
Alemaña Christian Danner
Debut Gran Premio do Brasil de 1988
Carreiras 32
Campionatos de Construtores 0 (mellor posición: 9º, 1988)
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0 (mellor posición: 4º, Gran Premio de Detroit de 1988 e Gran Premio dos Estados Unidos de 1989)
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Australia de 1989

Rial é un fabricante alemán de lamias de aliaxe lixeira e lamias, e foi un construtor de Fórmula Un que competiu nas tempadas de 1988 e 1989. Fundada na década de 1970 como fabrica de lamias de rodas, a empresa foi comprada por Günther Schmid, expropietario da compañía rodas ATS en 1987. Schmid seguiu a mesma estratexia que tiña en ATS, publicitar a marca de rodas Rial mediante a participación na Fórmula Un como un construtor. Rial participou en 32 Grandes Premios, cun total de 48 coches. Anotaron seis puntos no campionato, terminando novenos no campionato de construtores en 1988.[1] Logo de abandonar a Fórmula Un ao final da tempada 1989, a división Rial Racing pechou, e a empresa non competiu de novo. Rial continúa fabricando rodas e lamias na súa fábrica en Fußgönheim.

Historia deportiva

[editar | editar a fonte]

Günter Schmid, expropietario da empresa ATS competiu na Fórmula Un durante oito anos, comprou Rial en 1987,[2] antes da redución da potencia dos motores turbo en 1988,[3] e fundou un equipo de Fórmula Un na base de Rial en Fußgönheim. Co antigo deseñador de ATS Gustav Brunner, Schmid produciu o Rial ARC1, impulsado por un motor Cosworth DFZ, un modelo actualizado do deseño omnipresente nas tempadas preturbo[4] o CUR1, alcumado o "o Ferrari azul", debido ás similitudes co Ferrari F1/87 deseñado por Brunner, incluía unha suspensión de dobre forquita pullrod, cuns innovadores amortecedores colocados horizontalmente contra o chasis.[4] Andrea de Cesaris, co patrocinio de Marlboro foi contratado para pilotar o coche, que resultou ser rápido nos adestramentos debido ao pequeno tanque de combustible.[3]

Na carreira debut de Rial, o Gran Premio do Brasil de 1988, de Cesaris cualificou 14º e alcanzou o sexto lugar na carreira, pero quedou sen combustible a sete voltas do final. Producíronse fallos mecánicos durante as seguintes carreiras e Rial violou dúas veces os regulamentos; unha por traballar no coche na pista e outra porque a cabeza dos pilotos quedaba por encima da barra antienvorco, que obrigou a modificar o coche. O depósito de combustible foi de novo un problema en Canadá, onde de Cesaris quedou sen combustible cando marchaba no quinto lugar. Pero, na seguinte carreira en Detroit Rial acabou no cuarto lugar, anotando tres puntos.[5] Logo do Gran Premio de Francia de 1988, o rendemento do equipo comezou a caer, e Brunner deixou o equipo tras terminar 13º na súa carreira de casa en Alemaña. Os continuos problemas mecánicos e o pequeno depósito de combustible contribuíron a unha cadea de seis retiradas, de Cesaris terminou a tempada sendo oitavo en Australia. O equipo terminou no noveno lugar no campionato de construtores, e Andrea de Cesaris foi décimo quinto no campionato de pilotos.[6]

Rial ampliou a súa participación a dous coches na tempada de Fórmula Un de 1989, de Cesaris marchara a Dallara, os pilotos alemáns Christian Danner e Volker Weidler foron contratados para pilotar o Arc2.[3] Deseñado por novo enxeñeiro Stefan Fober, o coche era unha versión actualizada do ARC1, cunha aerodinámica reelaborada polo deseñador de McLaren Bob Bell, e a mellora do motor Cosworth DFR comezaron a traballar no chasis.[4] Coa prohibición dos motores turboalimentados para 1989, a lista de inscritos aumentou a 39 coches de 20 equipos,[7] para acomodar o número de coches introduciuse un sistema de precualificación, os novos coches e os equipos peor clasificados na tempada anterior competirían polas 30 prazas dispoñibles na cualificación, e logo polos 26 postos da grella. Danner non tivo que precualificar, mentres que Weidler que pilotaba o novo coche tiña que participar na sesión.

Danner logrou o posto 14º na primeira carreira a rolda brasileira. Ante a mellora dos coches dos competidores de Rial, Danner non clasificou nas dúas seguintes carreiras, lastrado polo vello chasis Arc2.[4] a quinta carreira, o Gran Premio dos Estados Unidos de 1989 no circuíto urbano de Phoenix, viu acabar a Danner no cuarto lugar, nunha carreira de desgaste similar ao do ano anterior, o que foi o mellor resultado da súa carreira. Weidler mentres tanto non fora capaz de precualificar para ningunha carreira ata o momento na tempada, o oitavo posto de Danner no Canadá ía ser a última carreira de Rial, ningún dos pilotos clasificouse para os seguintes Grandes Premios, malia que aos dous coches Rial permitíuselles participar na clasificación tralo cambio dos rankins de precalificación despois do Gran Premio do Reino Unido de 1989. Na carreira húngara, un alerón traseiro ilegal anulou os tempos de cualificación de Weidler,[4] Fober e Weidler deixaron o equipo logo de ser culpados por Schmid da multa imposta.[4] Pierre-Henri Raphanel foi o seu substituto, traendo con el ao novo deseñador Christian van der Pleyn. Pero, o novo equipo de deseño non podería mellorar o Arc2 para cualificar nunha carreira,[4] e Danner marchou tralo Gran Premio Portugués.[3] Gregor Foitek correu en España, pero a rotura do alerón traseiro durante a cualificación provocou un accidente que destruíu o seu coche, e inmediatamente saíu do equipo.[8] Bertrand Gachot fíxose cargo das dúas últimas carreiras, pero nin Raphanel nin Gachot lograron cualificar para as carreiras, co seu obsoleto coche estaban varios segundos detrás dos seus competidores máis próximos na clasificación. Finalizaron 13º no campionato.[9] Rial pechou a finais de ano.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Piloto(s) No. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Puntos Pos
1988 Rial ARC1 Ford DFZ
V8
G BRA SMR MON MEX CAN DET FRA GBR ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 3
Italia Andrea de Cesaris 22 Ret Ret Ret Ret 9 4 10 Ret 13 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 8
1989 Rial ARC2 Ford DFR
V8
G BRA SMR MON MEX USA CAN FRA GBR ALE HUN BEL ITA POR ESP XPN AUS 3 13º
Alemaña Christian Danner 38 14 NSC NSC 12 4 8 NSC NSC NSC NSC NSC NSC NSC
Suíza Gregor Foitek NSC
Bélxica Bertrand Gachot NSC NSC
Alemaña Volker Weidler 39 NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP NSCP DSC NSC
Francia Pierre-Henri Raphanel NSC NSC NSC NSC NSC NSC
Fonte:[10]
  1. "Constructors Championship 1988". Formula1.com. Formula One World Championship. Consultado o 2011-05-23. 
  2. "Rial Racing". F1Technical.net. Consultado o 2011-06-02. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Encyclopedia - Rial". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 2011-05-23. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Rial Profile". Formula One Rejects. 2003-04-25. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 2011-05-23. 
  5. "Rial ARC-01". Chicane F1. Consultado o 2011-05-24. 
  6. "1988 season results". Formula1.com. Formula One World Championship. Consultado o 2011-04-23. 
  7. Saward, Joe (2002-01-03). "Pre-qualifying". Grandprix.com. Inside F1. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2015. Consultado o 2011-05-28. 
  8. "Gregor Foitek Profile". Formula One Rejects. 2001-07-07. Consultado o 2011-05-31. [Ligazón morta]
  9. "Constructors Championship 1989". Formula1.com. Formula One World Championship. Consultado o 2011-05-31. 
  10. "Results from Formula1.com". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2015. Consultado o 03 de xaneiro de 2015. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]