Aspil-Vidal Ribera Navarra | |||
---|---|---|---|
Nome | Ribera Navarra Fútbol Sala | ||
Fundación | 2001 | ||
Estadio | Polideportivo Ciudad de Tudela Tudela, Navarra, España | ||
Capacidade | 1.000 | ||
Presidente | Alberto Ramírez | ||
Adestrador | Pato | ||
Liga | 1ª División | ||
2017-18 | 8º | ||
Na rede | |||
http://www.riberanavarrafs.com | |||
| |||
O Ribera Navarra Fútbol Sala, coñecido por motivos de patrocinio como Aspil-Vidal Ribera Navarra, é un equipo de fútbol sala español da cidade de Tudela (Navarra), fundado en 2001. Dende a tempada 2011/12 xoga na Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala.
O Ribera Navarra FS xestouse a finais de 2000, cando un grupo de persoas liderado por José Luis Ruiz creou un equipo para toda a comarca, ata entón sen representación nese deporte. En marzo de 2001 constituíuse oficialmente como Ribera Navarra Fútbol sala, e durante as súas primeiras tempadas xogou en Primeira Nacional B, así como en torneos comarcais e rexionais.
No ano 2004/05 xogou por primeira vez en Primeira Nacional A, terceira categoría do futsal español, ao fusionarse e tomar a praza do Metales San Jorge. Con todo, o seu paso pola categoría durou só esa tempada e ao ano seguinte descendeu a Nacional B. Durante todo ese tempo, Ribera Navarra traballou en consolidar os equipos xuvenís e en crear unha escola de fútbol sala para a cidade de Tudela, que abriu en 2006.
Ribera Navarra subiu a División de Prata na tempada 2008/09, onde permaneceu dúas tempadas baixo o patrocinio de Ríos Renovables, unha empresa de enerxías renovables. Cun forte investimento en fichaxes, na súa maioría xogadores veteranos ou descartes doutros clubs, Ribera Navarra subiu a División de Honra na tempada 2010/11. O equipo finalizou a tempada regular en segunda posición, e venceu no playoff de ascenso a BP Andorra e UPV Maristas Valencia.
Para afrontar a máxima categoría, o club reestruturouse. En febreiro de 2017, José Luis Ruiz dimitiu como máximo responsable da entidade, facéndose cargo como presidente Alberto Ramírez Arregui.
|
|