Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 2000 (24 anos) Provincia de Tarragona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ricard Sánchez Sendra, nado en Sant Jaume dels Domenys, Tarragona, o 22 de febreiro de 2000, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Granada, da Segunda División.
Formouse como futbolista nas canteiras do Gimnàstic de Tarragona, do FC Barcelona, do Toledo e do Atlético de Madrid.[1]
O 16 de decembro de 2020 debutou co primeiro equipo do Atlético na Copa do Rei, sendo titular e marcando o segundo gol na vitoria por 3-0 ante o CE Cardassar.[2] O 20 de febreiro seguinte xogou o seu primeiro encontro na Primeira División, nunha derrota por 0-2 ante o Levante.[3]
En agosto de 2021, asinou un contrato de catro anos co Granada CF, sendo cedido inmediatamente ao Lugo, da Segunda División.[4]