Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1971 (53 anos) Auckland, Nova Zelandia |
Bispo titular | |
24 de xuño de 2016 – Diocese: Thala (en) | |
Bispo auxiliar | |
24 de xuño de 2016 – Diocese: Arquidiocese de Sydney (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Waikato |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2016–), sacerdote católico (2002–) |
Consagración | Anthony Colin Joseph Fisher (pt) |
Richard James Umbers, nado o 17 de marzo de 1971 en Otahuhu (Nova Zelandia), é un eclesiástico católico latino, dende 2016 bispo auxiliar de Sidney.
Naceu o 17 de marzo de 1971 en Otahuhu, un suburbio de Auckland, en Nova Zelandia.[1] Logo de rematar os estudos de secundaria en Auckland, trasladouse a Sidney, onde se graduou en Económicas pola Universidade de Sidney en 1993.[1] Posteriormente, en 1995 completou un mestrado en Xestión empresarial na Universidade de Waikato, en Nova Zelandia. Entre 1996 e 1999 realizou estudos eclesiásticos no Colexio Romano da Santa Cruz e na Pontificia Universidade da Santa Cruz,[1] en Roma, e finalmente doutorouse en Filosofía pola Universidade de Navarra en 2002 coa tese "Virtue Epistemology in Linda Zagzebski".[1] O 1 de setembro de 2002 foi ordenado sacerdote da prelatura do Opus Dei no santuario de Torreciudad.[1] Á súa volta a Australia, foi capelán no Redfield College de Dural até 2012 e no Kenvale College de Randwick até 2006, e tamén foi profesor de Ética e Filosofía na Universidade de Notre Dame Australia até 2013.[1]
O 24 de xuño de 2016 foi nomeado bispo auxiliar de Sidney e bispo titular de Thala polo papa Francisco, ao mesmo tempo que o tamén auxiliar Anthony Randazzo.[1] Recibiu a consagración episcopal o 24 de agosto seguinte, de mans do arcebispo de Sidney Anthony Colin Joseph Fisher, e tivo como co-consagrantes ao arcebispo de Brisbane Mark Benedict Coleridge e ao bispo de Macau Stephen Lee Bun Sang.[1][2]
The Most Reverend Anthony Fisher OP, Archbishop of Sydney, was the Principal consecrator and celebrant. The Most Reverend Mark Coleridge, Archbishop of Brisbane, and the Most Reverend Stephen Lee Bun-sang, Bishop of Macau, were the principal co-consecrators.