Richard Yeo

Modelo:BiografíaRichard Yeo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1720 Editar o valor en Wikidata
Morte1779 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante, medallista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1749 Editar o valor en Wikidata - 1779 Editar o valor en Wikidata
Membro de

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5449543

Richard Yeo, nado ca. 1720 e finado o 3 de decembro de 1779, foi un medallista e gravador de moeda británico que ocupou o posto de gravador xefe da Royal Mint durante o reinado de Xurxo III.

Yeo foi un dos fundadores da Royal Academy.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os primeiros datos coñecidos da vida de Richard Yeo corresponden ao ano 1745, cando se sabe que residía en Londres, preto de Craven Street, en Westminster, e un ano máis tarde en Tavistock StreetCovent Garden.[1][2]

Sábese tamén da súa actividade como medallista en 1746, ano en que están datadas polo menos dúas medallas que levan a súa sinatura, unha delas dedicada ao Duque de Cumberland.[1][2]

Tarxeta comercial de Richard Leo (ca. 1745)

En 1749 ingresou como gravador axudante na Casa da Moeda de Londres (Royal Mint) e, logo do falecemento do seu antecesor, John Sigismund Tanner, en 1775 foi nomeado gravador xefe da institución, posto no que se mantivo o resto da súa vida.[1][2]

Yeo compuxo unha pequena colección de moedas, medallas e utensilios e ferramentas de gravado, que foi vendida en poxa pública por Langford's, en Covent Garden, os días 2 e 3 de febreiro de 1780.[2][3] Todos os seus traballos estaban asinados mediante unha marca de gravador; as máis frecuentes foron "R. YEO", "YEO",[2] "YEO·F", "R·YEO F" e "YEO·FECIT".[4]

En 1760 ingresou na Incorporated Society of Artists e tamén foi un dos membros fundadores da Royal Academy, institución na que expuxo varios dos seus traballos.[1][2]

Richard Yeo finou o 3 de decembro de 1779.[1][2]

Escolma de traballos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Forrer, L. (1916). Páxina 701.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Wroth, W. W. "Yeo, Richard". En Stephen, L.; Lee S. (1922). Páxinas 1.235-1.236.
  3. Forrer, L. (1916). Páxina 702.
  4. Forrer, L. (1916). Páxinas 702-704.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
John Sigismund Tanner
Gravador xefe da Casa da Moeda de Londres (Royal Mint)
1773 - 1779
Sucesor:
Lewis Pingo