Nome orixinal | (fr) Rima Abdul-Malak |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de febreiro de 1979 (45 anos) Beirut, Líbano |
Ministra de Cultura de Francia | |
20 de maio de 2022 – 11 de xaneiro de 2024 ← Roselyne Bachelot-Narquin (pt) – Rachida Dati → Gabinete ministerial: Borne government (en) | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Premios | |
| |
Rima Abdul Malak, tamén grafada Rima Abdul-Malak, nada o 11 de febreiro de 1979 en Beirut, Líbano, é unha política de nacionalidade franco-libanesa, que desde o 22 de maio de 2022 é a Ministra de Cultura da República francesa.[1]
Rima Abdul Malak naceu o 11 de febreiro de 1979 ,[2], no Distrito de Keserwan ao norte de Beirut,[3] nunha familia de cultura cristiá (maronita).[4]
Rima viviu no Líbano até os 10 anos e foi á escola no Colexio Notre-Dame de Jamhour.[3] Durante a Guerra civil libanesa, iniciada polo xeneral Michel Aoun en 1989, a familia Abdul-Malak abandonou o Líbano para trasladarse a Francia. Segundo o seu tío paterno, Samir Abdelmalak, «a súa casa foi atacada, e literalmente escaparon da morte. O seu pai decidiu entón marchar e instalar a súa muller e os seus tres fillos en Lyon, que el coñecía ben, despois de realizar alí os seus estudos universitarios».[5]
Rima Abdul Malak estudou o bacharelato no Lycée International de Lyon, e iniciou os ses estudos utiversitaros no Instituto de Estudos Políticos de Lyon, onde se licenciou en 1999.[6] No ano 2000 obtivo un DÉSS (diplôme d'études supérieures spécialisées) (máster) en Desenvolvemento e Cooperación Internacional na Universidade Panthéon-Sorbonne de París.[1]
Despois de ser directora dos programas de Clowns sans frontières (Pallasos sen fronteiras), sendo daquela xefa da división de música de Culturesfrance (actual Instituto Francés), entrou no gabinete de Christophe Girard, deputado de Cultura do municipio de París, para despois converterse en asesora cultural do alcalde de París, Bertrand Delanoë, entre 2012 e 2014.[7] Despois foi nomeada agregada cultural en Nova York.[8]
En novembro de 20193, foi nomeada asesora cultural e de comunicación do presidente Emmanuel Macron. E foi nomeada ministra de Cultura o 20 de maio de 2022 no goberno de Élisabeth Borne.[1]
Entre os actos de conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso celebrouse un que presentaron ante o Guerinca o 12 de setembro de 2022 os ministros de Cultura de Francia e de España e inauguraron despois no Museo Raíña Sofía os reis Filipe VI e Letizia, e Pedro Sánchez. «Se hai un artista que define o século XX, que represenata con toda a súa crueldade, a súa paixón, os seus excesos e as súa contradicións, é sen dúbida Pablo Picasso», dixo o titular de Cultura Miquel Iceta, ao presentar os actos do cincuatenario, e afirmou que «Picasso segue moi vivo». Para a súa colega francesa, Rima Abdul Malak, «a obra de Picasso aínda exerce unha verdadeira fascinación e todo o mundo».[9]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rima Abdul Malak |