Ring Fit Adventure | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Nintendo EPD[a] |
Distribuidora(s) | Nintendo |
Director(es) | Hiroshi Matsunaga |
Produtor(es) | Kouichi Kawamoto |
Deseñador(es) | Naoya Yamamoto Ryosuke Suzuki |
Artista(s) | Takafumi Kiuchi |
Compositor(es) | Shinji Ushiroda Maasa Miyoshi Shiho Fujii Asuka Hayazaki |
Lanzamento | 19 de outubro de 2019 |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Nintendo Switch |
Formato(s) | Videoxogo activo, xogo de rol |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ring Fit Adventure (リングフィット アドベンチャー Ringu Fitto Adobenchā?) é un videoxogo de exercicio e rol de acción desenvolvido e publicado por Nintendo para a consola Nintendo Switch. O xogo vén con dous compoñentes físico: o Ring-Con, un anel de Pilates no cal encaixa un dos Joy-Con, e unha correa para as pernas, un anaco de tecido pegado á perna do usuario que suxeita o outro Joy-Con.
A demanda do xogo aumentou drasticamente durante 2020, en gran parte debido á pandemia de COVID-19 e aos peches relacionados de ximnasios e outras instalacións de deporte, o que provocou escaseza do xogo en moitos países. Isto levou a que os retallistas estadounidenses vendesen o xogo por máis de 300 dólares, prezo moi superior ao inicial de 80 dólares.[1]
Ring Fit Adventure conta co Ring-Con e a correa para as pernas, nos cales encaixan os Joy-Con de Switch. Estes accesorios son necesarios para xogar, xa que as interaccións do xogador con eles son rastrexadas polo control de movemento integrado no Joy-Con.[2]
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |