Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Illas Canarias, España | |||
| ||||
Características | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Europa-América do Norte | |||
Data | 2019 (43ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iii) e (v) | |||
Identificador | 1578 | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 29 de xaneiro de 2016 | |||
Data de remate | 7 de xullo de 2019 | |||
Identificador | 6081 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Páxina web | riscocaido.grancanaria.com | |||
O Risco Caído é un sitio arqueolóxico da cultura prehispánica de Gran Canaria. Atópase situado no concello de Artenara, na illa de Gran Canaria. É ben de Interese cultural dende 2017 e Patrimonio Mundial da UNESCO dende o 7 de xullo de 2019, de forma conxunta cunha zona de 18000 ha. denominada "Paisaxe Cultural do Risco Caído e os Espazos Sacros de Montaña de Gran Canaria", que abranugue os concellos de Artenara, Tejeda, Gáldar e Agaete.[1][2][3] É o primeiro ben Patrimonio da Humanidade da illa de Gran Canaria e da provincia das Palmas e o quinto do arquipélago canario.[4]
O sitio localízase na marxe esquerda do barranco Fondo, que separa os actuais municipios de Artenara e Gáldar. A uns 100 metros de altura con respecto ó fondo do barranco nun saínte do mesmo atópanse escavadas as covas.[5]
Trátase da zona cumio da illa de Gran Canaria e nas súas proximidades localízanse outros importantes sitios arqueolóxicos aborixes como o Roque Bentayga, a “Cova dos Candís” no risco de Chapín ou a Mesa de Acusa.[6]
O sitio consiste en 21 covas escavadas na rocha volcánica do cantil do barranco. Ditas covas tiveron uso habitacionais e agrario-gandeiro polo menos durante 600 anos, especulándose que estiveron ocupadas até principios do século XX.[7]
Ademais dos usos citados, a cova coñecida como C6 suponse que era un almogarén ou lugar de reunión dos Faycanes (sacerdotes <i id="mwLQ">canarii</i>). A cova ten a particularidade da súa estrutura abovedada (caso único nas illas) e contar cun orificio artificial que ó recibir a luz do amencer produce un efecto óptico peculiar sobre as imaxes impresas na parede da cova.[8] Os debuxos de triángulos (posiblemente representacións de pubes) fan supor de que se trata dun templo dedicado á fertilidade.[9] Tamén se considera que foi usado como observatorio astronómico por aborixes.
A inclusión de Risco Caído na lista dos Patrimonios da Humanidade pola UNESCO foi criticada por certos sectores, como o matemático José Barrios que considera a falta de apoio científico para consideralo realmente un observatorio astronómico aborixe ou a sobreprotección institucional deste enclave fronte a outros en Gran Canaria, como o xacemento arqueolóxico de Cuatro Puertas,[10] o tamén xeógrafo Eustaquio Villalba, puxo en dúbida a existencia dun observatorio astronómico en Risco Caído.[10] Tanto criticando tamén que un único artigo (que consideran con "pouco base científica"), escrito polo descubridor do sitio, Julio Cuenca, foi suficiente para tal declaración internacional.[11][10]