O Risco Laboral, corresponde a un concepto que se relaciona coa saúde laboral. Representa a magnitude do dano que un factor de risco pode causar con ocasión do traballo, con consecuencias negativas na súa saúde. Estes riscos si non son tratados e controlados, existe a probabilidade de que se produza o que se define como accidentes e enfermidades profesionais, de diversas índoles e gravidade no traballador.
Os factores de riscos laborais son aqueles que se relacionan directamente coa actividade exercida no lugar de traballo e mediante esta información clasificar cal foi a razón do accidente mediante traballo multidisciplinario de distintos profesionais en materia de: hixiene, medicina do traballo, ergonomía e a psicoloxía, co obxecto de poder mitigar a estes no lugar de traballo favorecendo a seguridade no mesmo.
Dependendo o lugar de traballo e do tipo de actividade exercida nestes, clasifícanse en:
O proceso para poder identificar e poder actuar sobre estes factores que para así previr as consecuencias destes sobre os traballadores, para isto se utilizan distintas metodoloxías que se empregan nas diversas disciplinas co fin de determinar a magnitude do risco exposto, un destes corresponde o método de causalidade, o cal inténtase recompilar a maior cantidade de feitos producidos nun accidente, para así ver a causa que desencadea o sinistro.
A Lei 31/1995 de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais é o tronco principal da normativa preventiva española. Aplica a todas aquelas empresas que dispoñan de traballadores por conta allea e regula as principais obrigacións de empresas e traballadores.
Existen regulamentos que a desenvolven: Real Decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo.[1]