(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1999 (25 anos) Vilassar de Mar, España |
Educación | IEA Oriol Martorell (en) Escola Superior de Música de Catalunya |
Actividade | |
Ocupación | música, cantante, compositora de cancións |
Profesores | Elisabeth Roma e Joan Chamorro |
Instrumento | Trombón e voz |
Familia | |
Nai | Elisabeth Roma |
Sitio web | http://ritapayes.com/ |
Rita Payés Roma, nada en Vilassar de Mar o 29 de setembro de 1999, é unha compositora, trombonista e cantante de jazz e bossa nova catalá.
Iniciouse como trombonista baixo a influencia dunha familia de músicos. Máis adiante estudou no instituto IEA Oriol Martorell e entrou na Sant Andreu Jazz Band, dirixida por Joan Chamorro; nesta tamén comezou a cantar xunto a Andrea Motis, Magalí Datzira e Eva Fernandez.[1]
Aínda adolescente, Payés gravou dous traballos con Chamorro, obtendo en 2015 o premio Enderrock á mellor proposta de jazz.[2] Trala boa acollida destes dous traballos, en 2019 Rita publicou xunto á súa nai, a guitarrista Elisabeth Roma, un novo álbum titulado Imagina.[1] Para presentalo, ámbalas dúas fixeron unha xira coa que viaxaron por países como o Reino Unido,[3] Hungría,[4] Francia, Suíza, Italia, Marrocos, Suecia e Grecia.[5]
Payés anunciou en xaneiro de 2021 a publicación dun novo traballo compartido de novo coa súa nai,[6] que veu a luz o 16 de abril, co título Como la piel.[7] Este disco valeulle o Premio Alícia ao talento emerxente de 2021, galardón que outorga a Academia Catalá da Música.[8]
En 2021 colaborou na canción «La gent que estimo» do disco A tope amb la vida de Oques Grasses.[9][10]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rita Payés |