Robert E. Preston Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1893-1898) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1836 Bean Station. Tennessee |
Morte | 24 de xuño de 1911 (77 anos) |
Lugar de sepultura | Cemiterio Oak Hill, Washington. |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Actividade | |
Ocupación | Alto funcionario |
Familia | |
Cónxuxe | Ellen Lasselle Preston |
Robert E. Preston, nado en Bean Station, Tennessee, en 1836, e finado o 24 de xuño de 1911, foi un alto funcionario estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1893 e 1898.
Preston naceu na localidade de Bean Station, Estado de Tennessee, en 1836.[1][2]
O 1 de abril de 1856, o secretario do Tesouro dos EEUU, James Guthrie, contratouno para traballar nun posto na oficina do primeiro auditor. Nesa oficina foi ascendendo de posto ata se converter en responsable das contas da Casa da Moeda dos Estados Unidos, dependente do Departamento do Tesouro.[2]
Cando a Lei da Moeda de 1873 creou a Oficina da Casa da Moeda, o daquela director da US Mint, Henry Linderman, animou a Preston a ingresar nela. Alí traballou como contador de metais preciosos, empregado de ensaios, encargado das contas e examinador,[1][2] e en varias ocasións actuou como director interino da institución, en ausencia de Linderman e, posteriormente, dos seus sucesores Horatio C. Burchard e James P. Kimball.[3]
En 1893, o presidente Grover Cleveland nomeouno director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, en substitución de Edward O. Leech.[1] O nomeamento de Preston baseouse estritamente no seu mérito, xa que nunha época de efervescencia da cuestión da "prata libre", o presidente non quixo nomear un político como director da Casa da Moeda.[4] Preston ocupou o cargo de director desde novembro de 1893 ata febreiro de 1898, logo do cal se reincorporou ao seu posto como examinador.[5]
Robert E. Preston casou cunha muller chamada Ellen Louise, con quen tivo unha filla, Nannie M. Preston.[6]
Preston morreu o 24 de xuño de 1911,[7] aos 77 anos, e foi soterrado tres días despois no cemiterio de Oak Hill, en Washington.[8]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert E. Preston |
Predecesor: Edward O. Leech |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1893 - 1898 |
Sucesor: George E. Roberts |