Nome orixinal | (en) Robert Gordon Latham |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de marzo de 1812 Lincolnshire, Reino Unido (en) |
Morte | 9 de marzo de 1888 (75 anos) Putney, Reino Unido (pt) |
Educación | Eton College King's College |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística, filoloxía, etnoloxía e médico |
Ocupación | lingüista, filólogo, mestre, etnólogo, médico, escritor |
Empregador | Universidade de Londres |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) |
Robert Gordon Latham, nado en Billingborough, Lincolnshire, o 24 de marzo de 1812 e morto o 9 de marzo de 1888 en Londres, foi un etnólogo e lingüista inglés.
Latham estudou filoloxía en Escandinavia. Graduouse no King's College, Cambridge en 1833, converténdose en “Fellow” desa institución.[1] Despois de estudar medicina consultou en hospitais de Londres, pero mentres tanto estaba atraído pola etnoloxía e a filoloxía, converteuse en profesor de lingua e literatura inglesa na University College de Londres, 1839, e en director do departamento de etnoloxía do The Crystal Palace, 1852.
Como era habitual nos homes e cabaleiros de ciencia da época Latham fixo unha gran cantidade de publicacións (ver a bibliografía que se xunta). Un dos seus primeiros libros, "Circle of the Sciences: A series of Treatises on the Principles of Science, with their Application to Practical Pursuits" (Glasgow, 1860), escrito en colaboración con William Somerville Orr, Richard Owen, Edward Smith, e William Sweetland Dallas contiña unha forte discusión dobre os unicornios mariños (narvais)[2]. Retirouse en 1863.
Como indoeuropeísta destaca por ter proposto como Urheimat dos indoeuropeos a zona de Lituania.