Robert Sarah, nado o 15 de xuño de 1945 en Ourouss (Guinea Francesa), é un cardeal da Igrexa Católica, prefecto da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos dende 2014.
Robert Sarah naceu o 15 de xuño de 1945 en Ourouss, na colonia francesa de Guinea, predecesora da Guinea actual.
O 20 de xullo de 1969 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Conakry polo seu arcebispo Raymond-Maria Tchidimbo.
O 13 de agosto de 1979 foi nomeado arcebispo de Conakry, recibindo a consagración episcopal o 8 de decembro do mesmo ano de mans do cardeal Giovanni Benelli, arcebispo de Florencia, e sendo os co-consagrantes Luc Auguste Sangaré, arcebispo de Bamako; e Jean Pierre Marie Orchampt, bispo de Angers.
O 1 de outubro de 2001 o papa Xoán Paulo II nomeouno secretario da Congregación para a Evanxelización dos Pobos. Anos máis tarde, o 7 de outubro de 2010, foi nomeado presidente do Consello Pontificio "Cor Unum" polo papa Bieito XVI. O mesmo papa, no consistorio do 20 de novembro de 2010 creouno cardeal, co título de Cardeal-Diácono de San Giovanni Bosco in via Tuscolana.
O 24 de novembro de 2014 o papa Francisco nomeuno como novo prefecto da Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos.