Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1975 (49 anos) Xenebra, Suíza |
Actividade | |
Campo de traballo | Percussion performance (en) |
Ocupación | músico, batería, percusionista |
Período de actividade | 1994 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Batería |
Klas Robert Schultzberg, nado en Xenebra o 3 de xaneiro de 1975, foi o batería orixinal da banda de rock alternativo Placebo. Malia que suízo, é de ascendencia inglesa e sueca.
Schultzberg coñeceu a Olsdal nunha banda no colexio en Suecia e uníronse a Placebo cando a banda se formou en setembro de 1994, gravando a primeira demo en abril de 1995, conseguindo a atención da industria discográfica e que culminou cun contrato coa Virgin Records.
Inicialmente deixou a banda en setembro de 1995, pero volveu para gravar o primeiro sinxelo de 7" "Bruise Pristine". Despois dunha discusión en agosto de 1996, despois da súa primeira aparición na televisión, Molko decidiu que sería mellor para a banda que Schultzberg a deixase. Schultzberg suxeríu tocar xuntos ata o final da promoción do seu álbum de estrea. En setembro de 1996 a banda estivo de xira polos Estados Unidos e antes de saír a escena no primeiro concerto en Nova York, Olsdal informou a Schultzberg que non estaría na xira alemá que seguiría á estadounidense. Robert realizaría dous concertos máis en París antes de deixar o grupo.