Rhododendron arboreum | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor do Rhododendron arboreum no Mukurthi National Park | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Rhododendron arboreum, o rododendro arbóreo[2], tamén coñecido coma burans ou gurans, é un arbusto ou arboriña perenne cunhas flores vermellas brillantes e rechamangueiras. Medra en Bután, China, India, Mianmar, Nepal, Sri Lanka e Tailandia. O Rhododendron arboreum é a flor nacional do Nepal e a árbore estatal de Uttarakhand&Himachal Pradesh.
O seu nome científico significa "con tendencia lígnea ou a medrar de xeito arbóreo". Coñécese que pode acadar os 20 m de altura,[3] con todo acostuma roldar os 12 m (36 ft) x 12 m (36 ft). Esta especie ten o Récord Guinness do rododendro maior do mundo.
A comezos e mediados da primavera, agroman acios de 15-20 flores con forma de campá, de 5 cm (2 in) de largo e 3–5 cm (1.25–2 in) de longo de cores vermellas, rosas ou brancas. Teñen bolsas de néctar negras e manchas negras no interior.
Prefire solos acedos ricos en humus, húmidos mais ben drenados, e semisombra; condicións doadas de atopar en Galiza. Ten follas anchas verdes escuras de 7–19 cm (3–7 in) de longo, co envés aveludado prateado ou acastañado.
É unha planta axeitada para xardíns boscosos, fragas e arboredos.
Cómpre abeirar as plantas con sebes cortaventos para evitar danos nas follas.
Os rododendros son susceptíbeis ao caruncho da vide (Curculionoidea), ás moscas brancas de rododendros e azaleas, ás cigarriñas (Cicadellidae), aos tínxidos[6] (Tingidae), aos insectos escama (Coccoidea), eirugas, pulgóns ou piollos das plantas, oídio, fungos do mel (Armillaria), ferruxes (Pucciniales), bugallos das follas, petal blight (fungos de diferentes xéneros), (Chondrostereum purpureum), Phytophthora cactorum e clorose inducida polo cal.[7]
O rododendro arbóreo de Serantellos, Cambados (Pontevedra) figura no Catálogo de Árbores Senlleiras elaborado pola Xunta de Galicia.
A planta coñécese coma Maha ratmal, Maha Rath Mal, Asela mal en Sinhala. O nome en lingua cingalesa "rathmal" é maiormente usado polos Ixoras, que non están nesta familia. Porén, os rododendros non son plantas comúns en Sri Lanka, e o nome local asistemático semella ser "Maha-rathmal", i.e., "Big-Ixora", aplicado a variedades máis pequenas que sona coma azaleas ornamentais. De aí o nome "asela-mal", probabelmente adaptado de "Azelia" polos hosrticultores, podería ser máis axeitado. Prefire climas fríos e secos que son os máis comúns na meirande parte da illa de Sri Lanka.