Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1424 |
Morte | 1 de xullo de 1460 (35/36 anos) Santiago de Compostela, España |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
7 de abril de 1449 – 1460 ← Álvaro de Isorna | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | Sacerdote católico de rito romano |
Rodrigo de Luna, nado cara a 1424 ou 1425 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1460,[1] foi un prelado católico romano que exerceu como arcebispo de Santiago de Compostela (1449–1460).[2]
Era curmán de Álvaro de Luna e grazas á súa influencia tivo unha rápida carreira tanto na corte como na igrexa.[3] A proposta do cabido de Santiago foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela por Nicolao V o 7 de abril de 1449[2] onde exerceu como arcebispo ata a súa morte en 1460.[2] Enfrontouse a unha revolta da nobreza e das cidades dependentes da mitra agrupadas no Manifesto de Antealtares.
Predecesor: Álvaro de Isorna |
Arcebispo de Compostela - Iria 1449 - 1460 |
Sucesor: Alonso I de Fonseca |