Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1888 París, Francia |
Morte | 8 de xaneiro de 1962 (73 anos) París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | esgrimista |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 |
1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's épée (en) (medalla de prata olímpica) |
1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's team épée (en) (medalla de ouro olímpica) |
1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's sabre (en) (medalla de prata olímpica) |
1924 | fencing at the 1924 Summer Olympics – men's foil (en) (medalla de ouro olímpica) |
1920 | fencing at the 1920 Summer Olympics – men's foil (en) (Medalla de bronce olímpica) |
1920 | fencing at the 1920 Summer Olympics – men's team foil (en) (medalla de prata olímpica) |
Roger François Ducret, nado en París o 2 de abril de 1888 e finado na mesma cidade o 8 de xaneiro de 1962, foi un tirador de esgrima francés, gañador de oito medallas olímpicas.
Especialista nas tres modalidades de esgrima: florete, espada e sabre, participou aos 32 anos nos Xogos Olímpicos de 1920 celebrados en Anveres, gañando a medalla de prata na proba por equipos e a medalla de bronce na proba individual de florete. Participou tamén na proba individual de espada, aínda ben que non tivo éxito. Nos Campionatos do Mundo de 1923 levou unha medalla de bronce en espada individual, a única da súa carreira nestas competicións. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París converteuse no gran vencedor da esgrima, ao gañar cinco medallas nas cinco probas disputadas: a medalla de ouro nas probas de florete individual e por equipos, así como na proba de equipos de espada; e a medalla de prata na proba individual de espada e na individual de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan logrou gañar unha nova medalla de prata na proba por equipos na modalidade de florete, finalizando quinto na proba de sabre por equipos, oitavo en sabre individual e noveno en florete individual.