Rohini foi unha serie de catro satélites artificiais da India lanzados entre 1979 e 1983.[1][2][3]
Os satélites Rohini, sucedidos polos Stretched Rohini Satellite Series, foron catro demostradores tecnolóxicos para probar novas tecnoloxías. Rohini 1A, tamén coñecido como RTP (Rohini Test Payload) e Rohini 1B, coñecido ademais como RS 1 (Rohini satellite 1) foron usados para probar o rendemento do foguete SLV 3. Ambos tiñan unha masa de 35 kg, estabilizábanse mediante xiro, levaban células solares para producir enerxía e levaban instrumentación para monitorizar o lanzamento ata órbita.[1][2][3]
Rohini 2 e 3 (coñecidos tamén como RS D1 e D2) foron lanzados para probar unha plataforma sinxela de observación da Terra. Eran similares a RTP e RS 1, cunha masa similar, estabilizándose mediante xiro e alimentándose mediante células solares. RS D1 reentrou na atmosfera prematuramente, aos 9 días de chegar a órbita, debido a unha altura orbital máis baixa do previsto. RS D2 levaba sensores para a luz visible e infravermella e a súa misión durou 17 meses.[1][2][3]
Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
Rohini 1A | 10 de agosto de 1979 | SLV 3 | Fallo |
Rohini 1B | 18 de xullo de 1980 | SLV 3 | Éxito |
Rohini 2 | 31 de maio de 1981 | SLV 3 | Fallo parcial |
Rohini 3 | 17 de abril de 1983 | SLV 3 | Éxito |