Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1993 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actor ![]() |
Período de actividade | 2017 ![]() |
Instrumento | Guitarra, guitarra eléctrica, piano e voz ![]() |
Participou en | |
2017 | Operación Triunfo 2017 ![]() |
Sitio web | roimendez.es ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Roi Méndez Martínez, nado en Santiago de Compostela o 30 de setembro de 1993, é un cantante e guitarrista galego.[1] Foi membro na Orquestra Olympus mais colleu sona nacional en 2017 cando foi escollido para entrar na novena edición de Operación Triunfo da TVE.[2] O seu primeiro sinxelo, Por una vez más, acadou o Nº1 no iTunes e en tendencias no 2018 en YouTube.[3]
Natural de Santiago de Compostela con raíces ourensás. O seu pai, Pedro Méndez, é de Maceda e a súa nai da Gudiña.[4] Dende cativo empezou a sentir interese pola música. Con 14 anos comezou a tocar a guitarra e a cantar.[5] Ós 15 anos, montou a súa propia banda musical cos seus amigos, Frab Fly.[6] Roi e a súa banda participaron no coñecido concurso galego MúsicaXove ficando nun segundo posto. Isto animou ó grupo a participaren tamén poucos meses despois no concurso da Disney Channel, My Camp Rock,[7][8] chegando a ser semifinalistas.[9] Despois de remata-lo bacharelato, licenciouse en tecnoloxía de son,[10] que compaxinou co seu primeiro traballo nunha orquestra. Após finaliza-los seus estudos proseguiu medrando no mundo das orquestras, onde adquiriu dotes escénicas, musicais e profesionais.[11]
Foi membro de varias orquestras de Galicia. En 2012 estivo na Principal ata o 2015. Nese ano estivo tamén na orquestra Galilea e na afamada Orquestra Olympus onde permaneceu ata o 2017 antes de se converter nun dos concursante da novena edición de Operación Triunfo.[5][12]
No verán do 2017, logo de pasa-la noite na orquestra na que estaba a traballar, presentouse acompañando un amigo ós primeiros castings de Santiago para Operación Triunfo, concurso musical que retornaba tras nove anos sen emisión. O artista foi seleccionado para a seguinte fase acadando ser un dos 18 finalistas superando os castings finais con «When We Were Young» de Adele.[13] O 23 de outubro comezou o concurso presentandose con «Don´t Worry» de Madcon, actuación que lle valeu para ser proposto para entrar directamente á academia polo xurado.[14] Durante o concurso, Roi foi proposto para abandona-la academia 5 veces, porén, nunha das ocasións foi salvo polos compañeiros e noutra polo profesorado da academia. Salvouse dúas veces da expulsión grazas ao apoio do público cunha porcentaxe do 91% fronte a Juan Antonio na gala 3 e cun 73% dos votos na gala 9 fronte a Luis Cepeda, con quen formou unha grande amizade.[15] Na gala 7 saíu como o concursante favorito tras se-lo máis votado polo público dende a app oficial do programa[16]. Na gala 6, cando o presentador Roberto Leal lle preguntou pola palabra galega que máis sentía, provocou sen querelo que «Sapoconcho» convertérase nun fenómeno viral [17] sendo unha das palabras máis buscadas na web da RAG, chegando incluso a ser proposta «Palabra do ano» en decembro [18]. Ó longo do concurso interpretou varias cancións, mailo seu dúo coa gañadora Amaia Romero, unha versión de Shape of You de Ed Sheeran, foi considerada unha das mellores actuacións do concurso.[19][20] A fin desta experiencia para o cantante chegou o 15 de xaneiro do 2018 na gala 11, sendo o décimo expulsado fronte á súa compañeira Ana Guerra co 49% dos votos, quedando así ás portas da final [21].
Logo da súa permanencia no concurso, foi contratado por Playz no espazo OTVisión co papel "Hater de Haters" defendendo ós seus compañeiros de concurso Amaia Romero e Alfred García das mensaxes dos internautas máis maliciosos.[22][23]
Roi, canda a súa compañeira de concurso Miriam Rodríguez, foi escollido para ser «xurado de España» para o Festival de Eurovisión 2018.[24]
Trala fin de Operación Triunfo, iniciou o 3 de febreiro a xira OT 2017 en concierto en Barcelona, percorrendo diversas cidades de España ó longo do ano. Nos distintos concertos, interpretou cancións corais canda ós demais concursantes, así como «Shape Of You» con Amaia Romero, e «Heaven» de Bryan Adams.
Acompañando ó seus compañeiros Miriam e mais Cepeda, Roi foi artista de abertura no concerto do 10 de xuño da banda Queen no Palau Sant Jordi de Barcelona.[25]
O 15 de xuño lanzou o seu primeiro sinxelo «Por una vez más» acadando o posto Nº1 en iTunes escasas unhas horas.[3] O tema posicionouse no posto 31 da lista de vendas oficial española na súa primeira semana de lanzamento.[26] A piques de facer un mes da estrea do sinxleo, unha edición física, que inclúe unha versión acústica do tema, saíu á venda o 13 de xullo, que veu acompañado das súas primeiras firmas superando as 10.000 copias en poucas semanas.[27][28]
Roi sería un dos artistas confirmados para a xira Déjate llevar 2018 de Cadena Dial onde compartiría escenario xunto os seus compañeiros Miriam Rodríguez e mais Cepeda amais doutros artistas como Gonzalo Hermida Lorena Gómez ou Beatriz Luengo entre outros.[29] Nesta xira o cantante estrearía «Insuficiente», unha nova canción do seu repertorio confirmada para o futuro álbum.[30]
Unha vez rematada a xira de Cadena Dial, o 28 de xullo a estrela debuta como cantante en solitario cunha xira de seu, Por Una Vez Más Tour, no festival Hoky Popi de Torrelavega, Cantabria, onde compartiu cartel con Dvicio, Álvaro Soler ou Brisa Fenoy.[31]
O 1 de marzo de 2019, lanzou o segundo sinxelo «Plumas» acadando o posto Nº2 en iTunes, definíndoo como un estilo "funky moderno".[32]
O 22 de marzo de 2019, lanzou o seu primeiro álbum «Mi Lógico Desorden».[33] O álbum entrou na lista de discos máis vendidos co segundo posto e co décimo cuarto en streaming[34] e estivo durante dez semanas nas listas oficiais.[35]
En decembro de 2019 rematou a xira "Mi Lógico Desorden" e en febreiro comezou a nova xira chamada "Aviones de papel". Con todo, os concertos de marzo, abril e xuño tiveron que trasladarse ao outono como consecuencia da pandemia mundial da COVID-19.
O 22 de maio lanzou o seu terceiro sinxelo chamado "Aviones de Papel" no colaboración co grupo Sinsinati.[36]
Dende 2024 é colaborador do programa Land Rober, da Televisión de Galicia.[37]
Título | Ano | Posición | Álbum |
---|---|---|---|
PROMUSICAE [38] | |||
«Shape of You» (con Amaia Romero) | 2017 | 92 | Amaia Romero: Sus canciones |
«Por una vez más» | 2018 | 31 | Mi Lógico Desorden |
«Plumas» | 2019 | - | |
«Aviones de papel» feat. Sinsinati | 2020 | - | Aviones de papel (single) |
"—" denota un sinxelo que non acadou ningunha posición nas listas de vendas ou que inda non foi publicado. |
Título | Detalles do álbum | Posición |
---|---|---|
PROMUSICAE [38] | ||
Mi Lógico Desorden | 2 | |
"—" denota un álbum que non acadou ningunha posición nas listas de vendas ou que inda non foi publicado. |
Ano | Título | Participación | Notas | Ref. |
---|---|---|---|---|
2009 | My Camp Rock | El mesmo | Semifinal, Expulsado | [39] |
2017-18 | Operación Triunfo | El mesmo, concursante | 10º Expulsado | [40] |
2018 | OTVisión | El mesmo | Co-presentador | [41] |
2018 | Paquita Salas | El mesmo | Cameo | [42] |
2019 | La mejor canción jamás contada | El mesmo, concursante | La puerta de Alcalá | [43] |
2020 | Tu cara me suena | The Police | Imitación, Walking on the Moon | [44] |
Ano | Título | Participación | Ref. |
---|---|---|---|
2018-presente | Vodafone Yu | El mesmo, colaborador | [45] |
Roi é un invitado asiduo no programa Aquí la tierra da TVE, con Andrea Villalobos, onde dan visibilidade a curiosas profesións propondo ó artista o reto de exerce-lo traballo. Fixo un cameo na segunda tempada da serie de televisión española Paquita Salas (2016).[46] Dende setembro de 2018, Roi co-presenta o programa de radio Vodafone Yu en Los 40 ,[47] convertendose nunha das imaxes da estación de radio.[48] Un estudo sobre as influencias nas redes sociais revelou que Roi foi o instagramer con máis engagement en 2018, debido á súa capacidade para crear unha forte relación cos seus seguidores.[49]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roi Méndez Martínez ![]() |