En xeometría, un rombo áureo (tamén denominado rombo dourado ou rombo de ouro) caracterízase porque as súas diagonais están na proporción , onde é o número áureo.
Varios poliedros notábeis teñen rombos áureos como caras, incluíndo:
Os dous romboedros áureos (con seis caras cada un)
O dodecaedro de Bilinski (con 12 caras)
O icosaedro rómbico (con 20 caras)
O triacontaedro rómbico (con 30 caras)
O hexacontaedro rómbico non convexo (con 60 caras)
O primeiros cinco destes son os únicos poliedros convexos con caras de rombos áureos, pero existen infinitos poliedros non convexos que teñen esta forma para todas as súas caras.