Ronny Turiaf, nado en Le Robert (Martinica) o 13 de xaneiro de 1983, é un xogador profesional francés de baloncesto profesional que é axente libre.
Turiaf foi elixido no Draft da NBA de 2005 polos Los Angeles Lakers na 37ª posición, onde xogou ata o ano 2008. Despois pasou dúas tempadas nos Golden State Warriors.
O 9 de xullo de 2010, foi traspasado aos New York Knicks xunto a Anthony Randolph, Kelenna Azubuike e unha futura elección de segunda rolda do Draft a cambio de David Lee.[1]
Durante o lockout da NBA, asinou polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da LNB.[2]
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Denver Nuggets, nun traspaso a tres bandas entre os Nuggets, os Los Angeles Clippers e os Washington Wizards. Foi cortado uns días máis tarde.[3]
O 21 de marzo de 2012, asinou cos Miami Heat ata final de tempada.[4] O 21 de xuño de 2012, Turiaf gañou o seu primeiro campionato da NBA cos Heat.
O 27 de xullo de 2012, Turiaf fichou polos Los Angeles Clippers.[5]
O 18 de xullo de 2013, Turiaf asinou cos Minnesota Timberwolves.[6]
O 19 de decembro de 2014, Turiaf foi traspasado ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos que tamén incluíu ós Timberwolves e ós Houston Rockets.[7] Catro días máis tarde, foi cortado polos Sixers.[8]