Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de agosto de 1943 ![]() Londres, Reino Unido ![]() |
Xuíza do Premio Booker | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Anglia do Leste Universidade de París Francis Holland School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, novelista, guionista ![]() |
Empregador | Universidade de Anglia do Leste ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Rose Tremain, nada en Londres o 2 de agosto de 1943, é unha escritora e profesora inglesa, reitora (Chancellor) da Universidade de East Anglia.[1] É membro da Orde do Imperio Británico e da Royal Society of Literature.
Naceu co nome de Rosemary Jane Thomson. O seu bisavó paterno foi William Thomson, o arcebispo de York de 1862 a 1890.[2] Foi educada na Francis Holland School, Crofton Grange School, a Sorbona (1961–1962) e na Universidade de East Anglia, titulada en Literatura inglesa.[3] Foi profesora de Escritura creativa na Universidade de East Anglia de 1988 a 1995, e en 2913 foi elixida Chancellor.[4]
En 1971 casou con Jon Tremain, con quen ao ano seguinte tivo unha filla, a actriz Eleanor Tremain. Ao cabo de cinco anos separáronse, e en 1982 casou co director de teatro Jonathan Dudley. O matrimonio durou nove anos, e desde 1992 ten unha relación con Richard Holmes.[5] Vive en Norfolk.[6][7]
As súas influencias inclúen William Golding, autor de O señor das moscas, e a novela de Gabriel García Márquez Cien años de soledad, así como o realismo máxico.[5]
É autora de novela histórica que presenta os seus personaxes "desde ángulos inesperados, prestando atención aos marxinais".[3]
En 2009 doou o seu relato The Jester of Astapovo ao proxecto de Oxfam "Ox-Tales", catro coleccións de relatos escritos por 38 autores e autoras do Reino Unido. A súa historia foi publicada no volume 'Earth'.[8]