Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1936 Saint Paul, Estados Unidos de América |
Morte | 21 de maio de 2022 (85 anos) Pomona, Estados Unidos de América |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Claremont School of Theology (en) - Doutora en filosofía |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía e feminismo |
Ocupación | filósofa, escritora, ecoloxista, profesora universitaria, teólogo, feminista |
Empregador | Universidade Howard (pt) |
Obra | |
Arquivos en | |
Descrito pola fonte | American Women Writers (en) |
Rosemary Radford Ruether, nada en Saint Paul, Minnesota, o 2 de novembro de 1936 e finada en Pomona, California o 21 de maio de 2022, foi unha académica feminista, filósofa, escritora, teóloga católica e ambientalista estadounidense coñecida polas súas importantes contribucións ao campo da teoloxía feminista.[1][2][3][4]
Foi unha defensora da Ordenación de mulleres, un movemento entre persoas relixiosas católicas que afirman a capacidade das mulleres para servir como sacerdotes. Desde 1985, foi membro da xunta do grupo Católicos pola Elección.[5]
Segundo ela, as mulleres están excluídas dos roles académicos e do liderado dentro da teoloxía, o que levou á proliferación de actitudes e crenzas androcentristas. Sen mulleres capaces de contribuír ás importantes discusións e decisións que rodean a teoloxía e a práctica cristiás, nunca haberá unha representación equitativa da experiencia das mulleres nas crenzas e tradicións teolóxicas.[6] A súa crenza é que calquera cousa que diminúa a humanidade da muller non debe ser un reflexo da intención divina. O principio máis importante da teoloxía feminista para ela, é a promoción da humanidade plena da muller na teoloxía e as tradicións cristiás. Para facer isto, non só débese recoñecer e codificar a experiencia feminina, senón que se debe revaluar a comprensión mesma de cousas como a experiencia e a humanidade.[4]