Rousillon Rupes | |
---|---|
Rousillon Rupes xunto enriba do cráter Úrsula e a Belmont Chasma. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Rupes |
Accidente xeolóxico de | Titania |
Lonxitude | 402 km[1] |
Profundidade | ? |
Coordenadas | 14,7° S 26,5° E[1] (coord. centrais) |
Procedencia do nome | vila que aparece na obra de William Shakespeare, All's Well That Ends Well.[1] |
Rousillon Rupes e unha escarpa sobre a superficie da lúa de Urano, Titania; recibiu o nome dunha vila que aparece na obra de William Shakespeare, All's Well That Ends Well.[1] A lonxitude desta escarpa é do redor de 402 km, e é unha falla normal situada preto do ecuador e corre perpendicularmente respecto del. A escarpa corta varios cráteres de impacto, o cal suxire que probablemente se formase este accidente xeolóxico en etapas tardías da evolución desta lúa,[2] cando o interior de Titania se expandiu e coma resultado a súa cortiza de xeo rachou.[3] Rousillon Rupes ten moi poucos cráteres superpostos, o que reafirma que esta rupes é unha estrutura xeolóxica relativamente nova. Rousillon Rupes foi fotografada por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.[2]