Ruth Pfau, nada o 9 de setembro de 1929 en Leipzig (Alemaña) e finada o 10 de agosto de 2017 en Karachi (Paquistán), foi unha monxa paquistaní-alemá, membro da Sociedade de Irmás do Corazón de María que traballou na atención e no coidado de pacentes de lepra en Paquistán.
Ruth Pfau naceu en Leipzig, Alemaña en 1929. Ruth Pfau é unha activista a favor dos dereitos humanos paquistaní nacida en Alemaña. Logo da segunda guerra mundial, cando os rusos ocuparon o leste de Alemaña escapou a Alemaña Occidental coa súa familia e elixiu farmacia como a súa futura carreira. Estudou farmacia en 1949 en Maguncia. Non esta satisfeita coa súa vida e quería facer algo con ela. En 1962 dirixíase a India logo de unirse a unha orde relixiosa pero debido a problemas de visado quedou en Paquistán. Foi a Karachi, onde visitou unha colonia de leprosos chamada McLeod Rd, situada detrás da estación de ferrocarril. Alí decidiu que a súa vida estaría dedicada ao coidado dos seus pacientes.
Está recoñecida en Paquistán e no estranxeiro e foi galardoada con numerosos premios e medallas.