Rytíři Kladno | |
---|---|
Fundación | 1924 |
Cidade | Kladno, Bohemia Central República Checa |
Estadio | Městský zimní stadion (8.600 espectadores) |
Liga | Extraliga Checa |
Propietario(s) | Jaromír Jágr |
Adestrador | Zdeněk Vojta |
Cores | Azul e branco |
Na rede | |
https://www.rytirikladno.cz/ | |
O Rytíři Kladno é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Kladno, República Checa. O club foi fundado en 1924 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga, competición da cal foi campión da liga regular na tempada inaugural. Xoga os seus partidos como local no Městský zimní stadion, un pavillón con capacidade para 8.600 espectadores. O seu propietario é o xogador dos Boston Bruins nado en Kladno Jaromír Jágr.
O Rytíři Kladno foi fundado en 1924 como HOSK Kladno. Kladno foi un equipo especialmente forte a finais da década dos '70, cando gañou catro títulos consecutivos da liga checoslovaca (1975–1978, e 1980). Kladno gañou tamén a Copa de Europa en 1977 tras derrotar na final ao Spartak de Moscova. A estrela do equipo, Milan Nový, foi MVP da liga en 1977, 1981 e 1982, e gañou seis veces o premio ao máximo goleador. František Pospíšil foi o MVP da liga en 1971 e 1972.
Na 1993-94, a tempada inaugural da Extraliga, o equipo finalizou na primeira posición a liga regular, mais perdeu en semifinais fronte ao futuro campión, o HC Olomouc[1].
O club non tivo moito éxito as seguintes tempadas, e mesmo descendeu en 2002 á segunda división, retornando unha tempada despois á elite.
Jaromír Jágr xogou na súa cidade natal en partes de catro tempadas, incluíndo durante os paros laborais da NHL en 1994, 2004, e 2012.
Os equipos de hockey da Extraliga adoitan ser coñecidos polo nome do seu patrocinador, que cambia periodicamente. Actualmente o equipo de Kladno é chamado Rytíři Kladno (Cabaleiros de Kladno).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rytíři Kladno |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |