Ryuichi Matsuda

Modelo:BiografíaRyuichi Matsuda
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1920 Editar o valor en Wikidata
Kajiki, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1986 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Otava, Canadá Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónentomólogo Editar o valor en Wikidata

Ryuichi Matsuda, nado o 8 de xullo de 1920 e finado o 19 de xuño de 1986, foi un entomólogo xaponés, coñecido por defender a síntese evolutiva ampliada.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Matsuda doutorouse en entomoloxía pola Universidade de Stanford. Entre 1968 e 1986, traballou no Instituto de Investigación en Biosistemas do Canadá.[2] Escribiu diversos traballos sobre morfoloxía comparada de insectos, entre os que destaca o seu polémico Animal Evolution in Changing Environments (1987).[3]

Cuñou o termo "panecoloxismo" para referirse á síntese evolutiva ampliada, que concibiu como unha fusión entre darwinismo e neolamarckismo.[4] Sostivo que a heterocronía é o mecanismo fundamental do cambio evolutivo, e que unha innovación evolutiva pode producirse por asimilación xenética.[4] As súas posturas foron criticadas por outros científicos, segundo os cales estaban baseadas en especulacións;[5] porén, tamén recibiu comentarios positivos doutros entomólogos.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ando, H. (1988). "Obituary: Ryuichi Matsuda, 1920-1986". International Journal of Insect Morphology and Embryology (en inglés) 7: 91–94. 
  • McCune, Amy R. (1988). "Animal Evolution in Changing Environments by Ryuichi Matsuda". Science (en inglés) 239 (4837): 300–301. 
  • Pearson, Roy Douglas (1988). "Animal Evolution in Changing Environments". Acta Biotheoretica (en inglés) 37: 31–36. doi:10.1007/BF00050806. 
  • Polhemus, John H. (1987). "Animal Evolution in Changing Environments with Special Reference to Abnormal Metamorphosis". Annals of the Entomological Society of America (en inglés) 83 (3): 654. doi:10.1093/aesa/83.3.654. 
  • Sang, James H. (1988). "Reviewed Work: Animal Evolution in Changing Environments with Special Reference to Abnormal Metamorphosis by Ryuichi Matsuda". The Quaterly Review of Biology (en inglés) 63 (1): 83–84. doi:10.1086/415756. 
  • Scheiner, Samuel M. (2004). "The Metamorphosis of Evo-Devo". BioScience (en inglés) 54 (12): 1150–1151. doi:10.1641/0006-3568(2004)054[1150:TMOE]2.0.CO;2.