Rémy Belleau

Modelo:BiografíaRémy Belleau

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1528 Editar o valor en Wikidata
Nogent-le-Rotrou, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 1577 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, tradutor, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1555 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoSoneto, Oda, himno, idilio, poesia narrativa (pt) Traducir, Epitalamio e Comedia Editar o valor en Wikidata
MovementoA Pléiade Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJean Dorat (pt) Traducir, Marc Antoine Muret (pt) Traducir e George Buchanan (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Library of the World's Best Literature (en) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 50dd37bf-8de9-41ac-86ad-ca6958961070 IMSLP: Category:Belleau,_Rémy Editar o valor en Wikidata

Rémy Belleau, nado en Nogent-le-Rotrou en 1528 e morto en París en 1577, foi un poeta francés da Pléiade.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Belleau realizou os seus primeiros estudos cos freires da abadía de Saint-Denis en Nogent-le-Rotrou, proseguíndoos a partir de 1553 en París, completando unha formación clásica, cunha forte afección á poesía grega.

Xuntouse a un grupo de poetas novos que se formara no collège de Coqueret: Pierre de Ronsard, Antoine de Baïf, Joachim du Bellay, e despois á Pléiade en 1554 e en 1556 publicou unha tradución das Odas de Anacreonte, o éxito desta foi considerable, a pesar de Ronsard pensar que era un pouco seca, o traballo de Belleau forneceu ó grupo dun novo estilo baseado na fidelidade e a exactitude. Belleau continuou traducindo, publicou o Cantar dos cantares e de Safo a Oda á amada, por primeira vez traducida ó francés. Nese mesmo 1556 publicou Petites Inventions, inspirada na poesía grega antiga e La Bergerie, do xénero pastoril é unha narración en prosa con poemas de amor e campestres incorporados que se converteu en prototípico do Renacemento francés.

En 1576 apareceu Les Amours et Nouveaux Eschanges des pierres précieuses, vertus et propriétés d’icelles, nesta obra dá conta das propiedades das pedras, da súa historia, o mito da súa orixe asociando o simbolismo das pedras ás interpretacións filosóficas e científicas.

Aínda que nun primeiro momento foi partidarido da Reforma, o autor alíase co partido dos seus protectores, os Guisa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Obras completas de Belleau en Gallica):