Tipo | albufeira | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Golfo de Cádiz | |||
Localizado na área protexida | Parque Natural da Ria Formosa (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Distrito de Faro, Portugal | |||
| ||||
Bañado por | océano Atlántico Norte | |||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Sitio Ramsar | ||||
Identificador | 212 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 9 de maio de 1978 | |||
A ría Formosa é unha lagoa litoral situada na rexión do Algarve, Portugal. Comprende un sistema de illas de barreira e comunica co mar a través de seis enseadas. Cinco destas enseadas son naturais e teñen características móbiles. A sexta é unha enseada artificial que foi aberta co propósito de permitir un acceso máis fácil ao porto de Faro.[1]
Esténdese polos concellos de Loulé, Faro, Olhão, Tavira e Vila Real de Santo António, ocupando unha superficie dunhas 18 400 hectáreas ao longo de 60 km desde a praia de Ancão até a praia de Manta Rota.
Está considerado como un dos parques máis fermosos do Algarve, tendo unha importante función e un fermoso hábitat. Trátase dun espazo protexido coa consideración de Parque Natural, outorgada polo Decreto-lei 373/87, do 9 de decembro de 1987.
Anteriormente, a ría Formosa tiña a condición de Reserva Natural, constituída en 1978.
É unha zona húmida protexida que está catalogada como sitio Ramsar.[2]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ria Formosa |