Ría de Thoirbheartan

Vista da ribeira sur da ría de Thoirbheartan, preto de Shieldaig.

A ría de Thoirbheartan (en escocés: loch Thoirbheartan, en inglés: loch Torridon) é unha pequena ría formada na desembocadura do río Thoirbheartan, no oeste de Escocia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A ría de Thoirbheartan é unha pequena ría do noroeste de Escocia, que abre as súas augas ao Minch, o mar que separa a plataforma terrestre de Escocia das Hébridas Exteriores. Orientada de leste a oeste, os dous cabos que lle fan porta son o Red Point na súa ribeira setentrional e Fearnmore na ribeira sur. Adoita a dividirse interiormente en tres anacos, chamados tamén loch: o Thoirbheartan, o Shieldaig e o Thoirbheartan de Dentro, ademais das pequenas baías que a súa recortada costa forma nas dúas orelas.

Ten uns 20 km de longo, dende a desembocadura do Thoirbheartan ao sur da vila de Torridon, que lle dá nome á ría, ata o mar. A súa orixe é glaciar. As súas aldeas principais son Red Point, Craig, Diabeg, Wester Alligin, Alligin Shuas e Torridon (no norte) e Annat e Shieldaig (no sur), todas moi escasamente poboadas.

Ao norte da ría esténdense algunhas das máis importantes montañas Thoirbheartan, entre elas algúns munros.

Economía

[editar | editar a fonte]

Ademais do turismo, que chega á ría á procura de puntos de aparcadoiro para acadar as montañas circundantes, as augas da ría son ricas en gambas e outros mariscos. Ademais, acollen plantas de produción de salmón e bateas para o mexillón.