Río Jiloca

Modelo:Xeografía físicaRío Jiloca
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaJiloca river valley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Teruel, España e Provincia de Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCalatayud Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRío Jalón Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°45′37″N 1°21′07″O / 40.7603, -1.3519
41°20′31″N 1°39′25″O / 41.341882, -1.656993
Afluentes
Conca hidrográficaConca do Ebro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións126 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica2.957 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX462202

O Jiloca é un río de Aragón, afluente principal do río Jalón, que desemboca no Ebro. O seu curso transcorre polas provincias de Teruel e Zaragoza e polas comarcas de Comunidade de Teruel, Jiloca, Campo de Daroca e Comunidade de Calatayud. Ten unha unha lonxitude de 126 km e drena unha cunca de 2.957 km². O seu caudal en Calatayud é de 293 hm³/ano, pero, dada a súa localización, é moi irregular cunha estiaxe moi marcada e máximos no outono e primavera.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Nacemento

[editar | editar a fonte]
Ojos de Monreal, no nacemento do río.

O río Jiloca nace na paraxe dos Ojos de Monreal del Campo. Tradicionalmente fixouse o seu nacemento no pozo artesiano da Fonte de Cella, aos pés da serra de Albarracín; pero demostrouse que este tramo ata Monreal é, en realidade, unha canle construída no século XVIII, cando se desecaron a Lagoa do Cañizar de Villarquemado e a lagoa do Cañizar de Alba. Este nacemento leva a auga pertencente a un acuífero. As súas augas están debaixo do río e polos arredores, tendo grazas a este un gran número de pozos de onde se extrae a auga para o rego dos cultivos da zona.

Desde o nacemento toma dirección norte. Preto de Luco de Jiloca recibe o seu único afluente, o río Pancrudo, que nace 46 quilómetros antes na serra da Costera. A súa cunca hidrográfica é estreita e está formada por ramblas ou torrentes por onde só circula a auga dun modo ocasional. A partir da unión co Pancrudo a canle encáixase ata Daroca, onde abre un pequeno val que se aproveita para o regadío.

Desembocadura

[editar | editar a fonte]

O Jiloca desemboca no río Jalón á altura de Calatayud (Zaragoza).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]