A síndrome postorgásmica (POIS polas súas siglas inglesas postorgasmic illness syndrome) é unha enfermidade que se caracteriza por síntomas de debilidade tras o orgasmo que pode durar de varias horas a varios días.[1][2][3] Foi descrito por primeira vez no ano 2002.[4]
Os síntomas normalmente aparecen despois de media hora do orgasmo e vaise aos poucos días.[3][4]
O afectado pode experimentar síntomas mentais e físicos. Os síntomas mentais comúns inclúen disfuncións cognitivas, intenso malestar, irritabilidade, ansiedade, necesidade de descanso, susceptibilidade para o estrés, depresión, dificultade para comunicarse, para lembrar palabras, ler e reter información, concentración e socialización.[1][3][4][5] Os síntomas físicos inclúen fatiga severa, dor de cabeza leve ou severa, e síntomas parecidos á gripe ou á alerxia, tales como tose, irritación dos ollos e nasal ou mialxia.[3][4] Os afectados tamén poden experimentar calor intensa.[1][2]
O doutor Waldinger di que esta enfermidade é propensa a ser relacionada con factores psicolóxicos ou hipocondría.[2] No ano 2010, nun estudo do British Medical Journal, Dexter comenta unha forma de dor de cabeza orgásmica con POIS, e referencia un encontro científico con centos de enfermos que describían a súa situación.[3][5]
Os pacientes de POIS empezan a ser tratados con técnicas para alérxicos de seme.[6] Os afectados evitan a actividade sexual,[2] especialmente o orgasmo, ou programalo para ocasións nas que poidan recuperarse.[4]
Un médico tratou a dúas persoas, cuxos síntomas primarios foron estado de ánimo depresivo intenso, cos inhibidores selectivos da recaptación de serotonina.[7]
A POIS podería afectar a entre o 0.25% e o 1% da poboación.[8] Está considerada unha enfermidade rara.[9][10]