SACI (SAtélite CIentífico) foi unha serie de dous satélites artificiais do Brasil lanzados en 1999.[1][2][3]
Os satélites SACI foron dous satélites científicos do Brasil duns 60 kg de masa para estudar as burbullas do campo xeomagnético, a luminiscencia atmosférica e os fluxos anómalos de raios cósmicos. Tamén pretendían ser demostradores tecnolóxicos. Alimentábanse mediante catro paneis solares despregables.[1][2][3]
SACI 1 foi lanzado o 14 de outubro de 1999 a bordo un foguete CZ-4B e perdeuse contacto con el pouco despois de ser lanzado. SACI 2 foi lanzado o 11 de decembro de 1999 pero non chegou a órbita por problemas co seu foguete lanzador, un VLS-1.[1][2][3]
Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
SACI 1 | 14 de outubro de 1999 | CZ-4B | Éxito |
SACI 2 | 11 de decembro de 1999 | VLS-1 | Fallo |