SAPPHIRE / Stanford AudioPhonic PHotographic IR Experiment / Navy-OSCAR 45 / SQUIRT 1 | |
---|---|
O satélite SAPPHIRE. | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Organización | Universidade Stanford |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 30 de setembro de 2001[1][2][3] |
Foguete portador | Athena 1[3][4] |
Sitio de lanzamento | Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca[3][5] |
Obxectivo da misión | Proba tecnolóxicas.[3][5] |
NSSDC ID | 2001-043D |
Masa | 16 kg[4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7167 km[1] |
Inclinación | 67,1°[1] |
Apoapse | 802,7 km[1] |
Periapse | 790,8 km[1] |
SAPPHIRE, acrónimo de Stanford Audio Phonic Photographic Infra Red Experiment, tamén coñecido como SQUIRT 1 (Satellite Quick Research Testbed) e como Navy-OSCAR 45, foi un satélite artificial da Universidade Stanford patrocinado polo Departamento de Defensa dos Estados Unidos lanzado o 30 de setembro de 2001 mediante un foguete Athena 1 desde o Complexo do Espazoporto do Pacífico - Alasca.[2][3][4][5]
SAPPHIRE foi un satélite construído por estudantes do Laboratorio de Desenvolvemento de Sistemas Espaciais da Universidade Stanford para probar novas tecnoloxías. Cunha masa de 16 kg, tiña forma de prisma hexagonal e alimentábase mediante células solares. A súa carga útil incluía detectores de horizonte no infravermello, unha cámara dixital, un sintetizador de voz e experimentos de telemetría e autonomía.[3][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SAPPHIRE |