Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Liga inferior | Suomensarja (en) e I-divisioona (en) |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Vixencia | 1928 – 1975 |
A SM-Sarja foi a máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia entre 1928 e 1975, ano no que foi substituída pola actual SM-liiga. SM-sarja é a abreviatura de Suomen mestaruussarja, "Series do Campionato Finlandés".
Ao longo da historia da competición houbo un número variante de equipos participantes, sendo de tan só tres na tempada con menos equipos (a 1934-35), se ben o número máis común de participantes foi 12.
Dende a tempada 1944-1945 houbo descensos a categorías inferiores cada tempada. Nas promocións de descenso os equipos peor clasificados se enfrontaban ao campión da 1. divisioona (Primeira División, actualmente denominada Mestis) ou eran descendidos de xeito directo da SM-sarja.
A primeira tempada da SM-sarja tivo lugar en 1928, sendo disputado en formato de copa. O campión desta primeira edición, e polo tanto o primeiro campión finés de hóckey sobre xeo, foi o Viipurin Reipas. A SM-sarja foi cancelada en 1930 debido ao mal inverno en Finlandia. Tamén foi candelada en 1940, 1942 e durante a tempada de 1944 por mor da Guerra de Inverno e a Guerra de Continuación.
A SM-sarja era xogada baixo os principios de afeccionados, polo que os clubs non tiñan que pagar aos seus xogadores máis aló da compensación por salarios perdidos. Porén, cando o hóckey sobre xeo evolucionou en Finlandia, algúns equipos comezaron a ser tratados como empresas. Nos anos 1960, dúas das principais fábricas de Finlandia, UPO e Rosenlew crearon os seus propios equipos de hóckey sobre xeo, o Upon Pallo e o Rosenlewin Urheilijat -38. Estes equipos estaban ao cargo dos fondos das compañías e os xogadores foron mercados aos equipos veciños. Este sería o primeiro paso cara ao profesionalismo.
Nos anos 1970 o concepto do hóckey sobre xeo afeccionado foi volvéndose obsoleto, xa que non había publicidade nos uniformes dos xogadores e máis cartos en xogo nos equipos, e en 1975 disputouse a derradeira tempada e foi substituída pola SM-liiga na tempada 1975-76.
O último equipo en gañar o campionato finlandés baixo a denominación de SM-sarja foi o Tappara de Tampere.
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |