O SS General von Steuben (chamado até 1938 München, pola cidade de Múnic), era un barco de pasaxeiros de luxo reconvertido en buque de transporte acoirazado durante a segunda guerra mundial.
Cando a guerra se achegaba ao seu final, o Exército Vermello entraba en Prusia Oriental e 5200 refuxiados alemáns e soldados feridos subiron ao Steuben en Pillau, na baía de Danzig (agora Gdańsk, Polonia) con destino a Swinemünde. Á medianoite do día que levantou a áncora, o 10 de febreiro de 1945, tendo acollido 2000 soldados feridos, 320 enfermeiras, 30 doutores e máis de 1000 refuxiados. Afundírono dous torpedos lanzados desde o submarino soviético S-13. Só houbo 659 sobreviventes: 4500 persoas morreron.