STEX/ Space Technology EXperiments | |
---|---|
![]() STEX antes do lanzamento | |
Tipo | Tecnolóxico |
Organización | NRO |
Destino actual | Fóra de servizo en órbita terrestre.[1] |
Data de lanzamento | 3 de outubro de 1998, 10:04 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Taurus (foguete)[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[3][6] |
Obxectivo da misión | Proba de novas tecnoloxías no espazo.[3][6] |
NSSDC ID | 1998-055A |
Masa | 539,4 kg[3] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7108 km[1] |
Inclinación | 85,0 graos[1] |
Apoapse | 744,5 km[1] |
Periapse | 730,3 km[1] |
STEX (acrónimo de Space Technology Experiments) foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado o 3 de outubro de 1998 mediante un foguete Taurus desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para probar novas tecnoloxías no espazo.[2][3][5][6]
STEX levaba ata 29 novas tecnoloxías a bordo para ser probadas no espazo coa finalidade última de abaratar e simplificar futuras misións. Entre elas atopábanse motores eléctricos de efecto Hall alimentados por xenon, unha grabadora de estado sólido de 51 Gb de capacidade, baterías de hidruro de níquel de alta densidade deseñadas para durar máis e proporcionar máis enerxía con menos peso e ATEx (Advanced Tether Experiment), un experimento para estender cables de gran lonxitude no espazo, que non funcionou tal como estaba pensado. Probáronse tamén paneis solares de alta eficiencia.[3][5][6]
O satélite estaba formado por un corpo principal con paneis solares estendéndose a partir del. Estabilizábase nos tres eixos e o coñecemento da súa posición facíase grazas a un seguidor de estrelas. Aínda que estaba deseñado para funcionar durante dous anos, foi apagado en xuño de 1999 debido á degradación dos seus paneis solares convencionais.[3][5][6]