STS-46 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-46. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 31 de xullo de 1992, 13:56 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
Duración da misión | 7,97 días[6] |
Obxectivo da misión | Posta en órbita do satélite EURECA e despregue do TSS 1.[3][6] |
Regreso | 8 de agosto de 1992[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1992-049A |
STS-46 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 31 de xullo de 1992 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-46, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita do satélite recuperable europeo EURECA, con 15 exprimentos a bordo e recuperado máis tarde pola misión STS-57, e despregar o TSS 1, un satélite atado por un cable á bodega de carga do transbordador para xerar enerxía a partir do campo magnético terrestre. A tripulación estaba formada polo comandante Loren J. Shriver, o piloto Andrew M. Allen, os especialistas de misión Jeffrey A. Hoffman, Franklin R. Chang-Diaz, Claude Nicollier e Marsha S. Ivins e o especialista de carga Franco Malerba.[3][5][6][7]
EURECA foi despregado sen problemas, pero TSS 1 fallou ao romperse o cable entre o satélite e o transbordador. A tripulación fixo ademais varios experimentos a bordo, entre eles EOIM III, TEMP 2A, CONCAP II, LDCE, PHCF e UVPI. O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 8 de agosto de 1992.[3][5][6][7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-46 |