STS-48 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-48. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 12 de setembro de 1991, 23:11 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 5,35 días[6] |
Obxectivo da misión | Posta en órbita do satélite UARSE e realización de varios experimentos.[3][6] |
Regreso | 18 de setembro de 1991[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1991-063A |
STS-48 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 12 de setembro de 1991 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-48, con cinco astronautas a bordo (John Creighton, Kenneth Reightler, Mark Brown, James Buchli e Charles Gemar), foi lanzada para poñer en órbita o satélite UARS e facer varios experimentos. UARS, un satélite para o estudo medioambiental da Terra, foi despregado desde a bodega do transbordador no terceiro día de misión. Entre os experimentos levados a bordo polo transbordador estaban APM, MODE, SAM, CREAM, PARE, PCG II-2, IPMP e AMOS.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 12 de setembro de 1991.[3][5][6][7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-48 |