STS-53 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-53. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 2 de decembro de 1992, 13:24 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 7,31 días[6] |
Obxectivo da misión | Posta en órbita do satélite militar USA 89 e realización de varios experimentos.[3][6] |
Regreso | 9 de decembro de 1992[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1992-086A |
STS-53 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 2 de decembro de 1992 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-53, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite militar USA 89 e para facer experimentos a bordo do transbordador. A tripulación estaba formada polo comandante David M. Walker, o piloto Robert D. Cabana e os especialistas de misión Guion S. Bluford, James S. Voss e Michael R. Clifford. Entre os experimentos a bordo estaban GCP, ODERACS, BLAST, CLOUDS 1A, CREAM), FARE, HER-CULES, MIS-1, RME III, STL e VFT 2.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 9 de decembro de 1992.[3][5][6][7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-53 |