STS-61-A | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-61-A. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 30 de outubro de 1985, 17:00 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 7,03 días[6] |
Obxectivo da misión | Experimentos no laboratorio Spacelab D1 e posta en órbita do satélite GLOMR.[3][6] |
Regreso | 6 de novembro de 1985[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1985-104A |
STS-61-A foi unha misión do transbordador espacial Challenger lanzada o 30 de outubro de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-61-A, cun récord de oito astronautas a bordo, foi lanzada para facer toda unha serie de experimentos no laboratorio Spacelab D1, na bodega de carga do transbordador. Tamén puxo en órbita o satélite GLOMR. A tripulación estaba formada polo comandante Henry W. Hartsfield, o piloto Steven R. Nagel, os especialistas de misión James F. Buchli, Guion S. Bluford e Bonnie J. Dunbar e os especialistas de carga Reinhard Furrer, Ernst Messerschmid e Wubbo J. Ockels, o primeiro astronauta neerlandés.[3][5][6][7]
O obxectivo principal da misión foi levar a cabo experimentos no módulo Spacelab D1 e no taller de materiais de a bordo. Fixéronse cerca de 70 investigacións en campos como a física de fluídos, solidificación de cristais e metais, a resposta de células humanas e de plantas á microgravedade e o crecemento de cristais en vapor. A maior parte dos investigadores implicados nos experimentos eran alemás, pero tamén houboos franceses, italianos, neerlandeses, españois, suízos e estadounidenses.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de novembro de 1985, despois de sete días en órbita.[3][5][6][7]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-61-A |